O BNG e estudantes da naútico pesqueira piden a derogación dun Decreto inxusto

concentración estudantes nautico pesqueira
O BNG e estudantes da naútico pesqueira piden a derogación dun Decreto inxusto

 

Ferrol 27 de setembro de 2013. Esta mañá estudantes da escola naútico pesqueira acompañados polo BNG celebraron unha concentración para protestar e esixir a retirada do Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que este decreto foi imposto pola Xunta de Galiza, sen previo aviso e unha vez comezado o curso académico, un decreto que o único que fai é limitar o acceso aos estudos do alumnado procedente de clases sociais máis castigadas pola crise impedíndolle a formación, tanto no ámbito náutico-pesqueiro como agro-forestal.

Este decreto incide sobre uns sectores fundamentais para o desenvolvemento económico deste país como é o sector pesqueiro e que agora lles obriga a pagar por uns servizos que até agora eran gratuitos e que contaban con esta prestación para desenvolver os seus estudos, e acusou ao Partido Popular de cometer unha auténtica tropelía con estes alumnos.

Pola súa parte o portavoz dos estudantes afectados, Ivan Pastoriza, destacou que esta concentración é unha defensa do dereito estudo e porque consideran que o decreto, publicado o 16 de setembro, xa iniciado o curso, é inxusto porque obriga aos estudantes da escola naútico pesqueira a ingresar unha cantidade económica que nin eles mesmos indican como. Obrigannos a pagar por uns estudos pero tampouco especifican como podemos facelo nin porque ten que ser antes do dia 30 de setembro.

Consideran que estan abandonados, lembra que o decreto entrou en vigor a posteriori de facer a matrícula e moita xente, deixaou de traballar para poder formarse e que contaban con esta axuda que agora non temos. Indicou que o 18 de setembro avisaron aos estudantes da aplicación deste decreto cando moitos estudantes tiñan a matrícula formalizada desde xuño.

Os que estamos a estudar non podemos facer fronte a este pago queremos pedir a derogación do decreto ou que se non é asi polo menos que se estipulen facilidades de pago ou que as tarifas se axusten segundo a cuantía da declaración da renda de cada familia, o que non é normal que sexa a mesma cuantía para todos os estudantes por igual. Cando haberá estudantes e situacións familiares diversas, estan obrigando a abandonar os estudos a moitas persoas.

Desde o BNG censuran a actitude da Xunta de Galiza esta misma mañá na reunión mantida cos representantes dos estudantes, por negarse a retirar o decreto e incluso con ameazar aos estudantes que non paguen a incluilos no listado de morosos de facenda.

O BNG e estudantes da naútico pesqueira piden a derogación dun Decreto inxusto