O BNG CENSURA O ACORDO ENTRE O PP E O PSOE PARA SOLICITAR A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO

O BNG esixe ao goberno local a convocatoria da mesa de negociación para a oferta de emprego público

Iván en rolda de Prensa
Iván Rivas
O BNG esixe ao goberno local a convocatoria da mesa de negociación para a oferta de emprego público

Ferrol 15 de novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao goberno local que convoque aos sindicatos a unha mesa de negociación co obxecto de levar adiante a Oferta de Emprego Público deste ano e censura o acordo entre o PP e o PSOE para solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario que consideramos ten como obxecto xustificar a política de recursos humanos do anterior mandato amparándose na na política desernvolvida por Ferrol en Común que non é máis que a aplicación dos mesmos criterios de adelgazamento da administración pública que o PP puxo en práctica no anterior mandato.

 

Para o BNG é dunha hipocresía absoluta que o PP esixa neste documento a volta à xornada de 35 horas cando foron eles quen implantou a de 37,5 horas e que o PSOE o avale.

 

Este comportamento é tan hipócrita como o de Ferrol en Común que anunciou a anulación da xornada de 37,5 horas cando accedeu ao goberno e chegado ao final do mandato aínda non ten feito nada para acdar este obxectivo.

 

Ademais o documento acordado entre o PSOE e o PP non é máis que unha declaración de intencións que non obriga ao alcalde a convocar o pleno extraordinario por ir asinado exclusivamente polas súas voceiras, cando o Regulamento de Funcionamento Municipal estabelece que debería ir asinado por un tercio dos concelleiros da corporación eo alcalde tería 2 meses para convocar esa sesión, o que demostra o afán excluisivamente demagóxico desta declaración.

 

Por estes motivos o BNG non vai a colaborar na operación limpeza do goberno de Rey Varela avalada polo PSOE mentres Ferrol en Común actúa como brazo executor dos mesmos criterios políticos de adelgazamento da administración pública e esixe ao goberno que convoque aos sindicatos a unha mesa de negociación co obxecto de levar adiante a Ofreta de Emprego Público deste ano.

 

Para o BNG o comportamento deste goberno é intolerábel xa que demostra o absoluto desprezo que Ferrol en común ten respecto dos traballadores públicos ao intentar evadir a súa responsabilidade respecto da falla de Oferta de Emprego Público, nun só neste ano senón en todos os anos do mandato.

 

Si Ferrol non tivo Oferta de Emprego Público ao longo dos tres anos do mandato de Ferrol en Común e responsabilidade exclusiva e absoluta de Ferrol en Común e por ese motivo o BNG esixe a convocatoria da mesa de negociación con caracter urxente e imediato.

O BNG esixe ao goberno local a convocatoria da mesa de negociación para a oferta de emprego público