O BNG apoia ao colectivo veciñal que pide o traslado do Tanque de Tormentas do parque Pablo Iglesias

O BNG apoia ao colectivo veciñal que pide o traslado do Tanque de Tormentas do parque Pablo Iglesias

Ferrol 5 de agosto de 2013. O BNG de Ferrol quere manifestar o seu apoio as revindicacións e demandas dos veciños e veciñas que se opoñen á ubicación do tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias, tal e como fixemos no propio pleno municipal do mes de xullo ao presentar unha moción que demandaba o traslado do tanque e que non contou co apoio de ningún partido político excepto o do propio BNG.

Desde o BNG queremos, ademáis, reiterar o noso rexeitamento ao convenio asinado co Ministerio de Fomento a través da empresa ACUAES para o saneamento do marxe dereito da ría de Ferrol e seguimos sen comprender o feito de que o resto de partidos políticos non se opuxesen á sinatura dun convenio altamente gravoso para esta cidade nin se opoñan ao seu desenvolvemento, por non abarcar o saneamento integral da Ría ao non incluir o colector xeral vinculado aos Orzamentos Xerais do Estado do Ministerio de Agricultura, Mediambiente e Alimentación , por hipotecar aos veciños e veciñas deste concello durante máis de 45 anos mediante tarifas fixas para a execución da obra e tarifas variables para o seu mantemento que poden chegar a triplicar o coste actual, e que até o de agora se descoñece o seu importe, porque o Estado non pon un só euro na execución dunha infraestrutura declarada de interés xeral sinón que os veciños e veciñas de Ferrol e Narón terán que pagar máis de 700.000 euros ao Estado, ademáis do pago da infraestrutura e o seu mantemento mediante o pago das tarifas fixa e variable, e porque a pesar de asumir o coste da infraestrutura e do seu mantemento os veciños e veciñas desta cidade non teñen capacidade para decidir sobre a propia execución da obra, tal e como estamos a ver respecto da ubicación do propio tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias.

O BNG apoia ao colectivo veciñal que pide o traslado do Tanque de Tormentas do parque Pablo Iglesias