Novas
_DSC7693

O BNG afirma que dará resposta as necesidades do deporte base da cidade

Iván Rivas, candidato do BNG, afirmou que como se ten visto ao longo dos últimos anos Ferrol ten que ampliar ou reorientar as piscinas municipais que na actualidade se amosan insuficientes para cubrir a demanda, tanto dos clubs federados, como dos veciños e veciñas da nosa cidade polo que é preciso valorar a ampliación da piscina de caranza e reorientar a actividade da piscina da Malata cuxa xestión actual leva caducada desde o ano 2019.
Ler novas
Néstor Rego e Iván Rivas

Iván Rivas e Néstor Rego afirman que só un goberno do BNG colocará a Ferrol no mapa das infraestruturas ferroviarias.

Iván Rivas, candidato do BNG, asegurou que esta cidade non pode permitirse seguir perdendo oportunidades para a mellora do transporte por ferrocarril que lle permitan sair do seu illamento e para iso é fundamental que o próximo goberno local estea liderado polo BNG así como que no Congreso dos Deputados a presenza do BNG sexa o mais importante posíbel para poder facer efectiva a renovación das infraestruturas ferroviarias de Ferrol.
Ler novas