Os veciños e veciñas do Bertón e o BNG piden solucións contra o abandono do barrio

acto no Bertón polo abandono do barrio
Os veciños e veciñas do Bertón e o BNG piden solucións contra o abandono do barrio

Ferrol, 18 de outubro de 2013.  Os veciños e veciñas do Bertón e membros do BNG de Ferrol volveron, esta tarde, a esixir máis atención das administracións nesta zona e pediron solucións ao estado de abandono no que se atopa o barrio,

zona como veñen facendo nas últimas semanas. Ás 19 horas concentraranse na rúa Bertón para despois colocar unha pancarta na ponte da rúa Bertón, sobre a estrada da trincheira, para esixir solucións ao abandono do Bertón.

Neste novo actp os veciños e veciñas depregaron unha pancarta que deixaron colocada nunha das pontes que cruzan a estrada da trincheira e na que se podía ler “Non ao abandono do Bertón, Solución”.

Esta nova concentración serviu para abordar cos veciños e veciñas o proxecto sobre a execución das obras de urbanización de accesos ao Bertón, tanto no que se refire ao ámbito da intervención como aos prazos de execución, lembrando o retraso que estes acumulan xa que deberían ter comezado no ano 2012.

Para o BNG existen serias dúbidas sobre os prazos e a execución das obras, xa que pasado xa o mes de outubro de 2013, non se teñen nen iniciado, a pesar do anuncio, en setembro de 2012, do conselleiro de Medioambiente, territorio e Infraestruturas da Xunta de Galiza de que as obras estarían rematadas a inicios do 2014, e a pesar das permanentes modificacións dun convenio que retrasan cada vez máis a execución definitiva desta infraestrutura.

O BNG demanda o inicio inmediato das obras, así e como a urbanización integra deste ámbito da cidade que non pode permanecer por máis tempo neste estado de abandono, ademáis da limpeza e saneamento urxente dos espazos do contorno que permanece nun estado de abandono constante, tal e como é o caso das vivendas da rúa Barbeito expropiadas para acometer a urbanización, e que se atopan nun estado de conservación e mantemento deplorable.

O BNG continuará a demandar xunto aos veciños e veciñas deste ámbito da cidade o cumprimento destes obxectivos co fin de revertir unha situación de abandono e desleixo permanente .

acto no Bertón polo abandono do barrio

Os veciños e veciñas do Bertón e o BNG piden solucións contra o abandono do barrio