O PP quere criminalizar a protesta social

O PP quere criminalizar a protesta social

Ferrol 30 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o Partido Popular debería deixar de considerar aos veciños e veciñas desta cidade como os seus inimigos e actuar co fin de defender os seus intereses.

Para o BNG este modo de actuar, do PP de Ferrol, absolutamente cómplice coas decisións do Estado e que supoñen unha taxa de paro do 32% para unha cidade na que só traballa un tercio da poboación debería ser suficiente para que nun aceno de honestidade, o señor Rey Varela se non é capaz de enfrentarse as decisións que lle sinalan desde a centralidade española polo menos se manteña calado.

O BNG considera que o PP e o alcalde desta cidade confunden os obxectivos para os que foron elexidos, que non son establecer un control férreo sobre a sociedade, sinón traballar para mellorala.

Resulta espérpentico que o PP pretenda criminalizar aos traballadores do naval, aos afectados polas participacións preferentes, aos desafiuzados, aos traballadores da dependencia e de FIMO ao tempo que actúa de modo absolutamente cómplice respecto das decisións que lle sinalan desde o Estado e que están a supoñer o desmantelamento do ferrocarril na cidade, a aniquilación do sector naval diseñado polo Estado como moeda de cambio na UE, a destrucción da nosa ría, e o rescate dos bancos a costa de aumentar os impostos aos veciños e veciñas, aumentar a débeda e o pago dos intereses derivados desta.

O PP quere criminalizar a protesta social