OS MONTES DO CHÁ SERÁN ESPAZOS LIBRES DE EUCALIPTO E ESPECIES INVASORAS

Iván en rolda de Prensa
Iván en rolda de Prensa
OS MONTES DO CHÁ SERÁN ESPAZOS LIBRES DE EUCALIPTO E ESPECIES INVASORAS

Ferrol 26 de marzo de 2019. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol en colaboración cos veciños e veciñas da comunidade dos montes do Cha presentou está mañá na comisión de facenda uha proposta para incluir na Ordenanza Reguladora dos Aproveitamentos Comunais do Monte de Brión limitacións aos aproveitamentos do mesmo, proibíndose a implantación de cultivos de especies do xénero Eucalyptus, nin das especies do xénero Acacia, Robinia, Pawlonia asi como da subfamilia Bambuseae por seren especies cun carácter invasor científicamente acreditado.

 

Esta modificación que será debatida, xunto a ordenanza do devandito monte, no pleno do vindeiro xoves e que hoxe recibiu o visto bon na comsión de Facenda vai en consonancia coa resolución adoptada o pasado ano pola corporación municipal, tamén a instancias do BNG, que declaraba a Ferrol como cidade Libre de Eucalipto.

 

A proposta desenvolvida polo BNG é unha proposta ambiciosa e inclúe no texto proposto que aqueles exemplares das especies mencionadas anteriormente que medraran coma ventureiras tamén deberán ser retiradas. Así mesmo contempla que se deberán estabelecer  medidas para a progresiva erradicación destas especies en todo o territorio dos montes, con especial atención aos espazos naturais e ás terras agrarias ou con vocación agrogandeira.

 

O BNG quere revertir as consecuencias que supón ter convertido as nosas masas forestais en grandes eucaliptais o que esta a provocar un deterioro medioambiental cada vez máis avanzado polo que aspiramos a recuperar a biodiverisdade das masas forestais galegas.