O Goberno pon á venda as propiedades incluidas no convenio entre o Concello e Defensa

O Goberno pon á venda as propiedades incluidas no convenio entre o Concello e Defensa

Ferrol 13 de xullo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de rexistrar unha iniciativa no Congreso dos Deputados para que o goberno aclare a situación actual do convenio entre o Concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa logo da inclusión das propiedades incluidas no mesmo no Programa para a posta en valor dos activos inmobiliarios do Estado para a súa posta à venda.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que este feito é unha mostra de que non existe nen por parte do Ministerio de Defensa nen por parte do Goberno Local interese algún en que os bens desafectados revirtan no patrimonio municipal. Así mesmo convida ao alcalde da cidade, José Manuel Rey, a rachar o seu silencio e explicar a que se debe que o goberno central saque á venda propiedades que ían ser entregadas ao concello.

O BNG lembra que o Ministerio de Facenda e Administracións públicas elaborou o Programa para a posta en valor dos activos inmobiliarios do Estado, decidida polo Pleno da Comisión de Coordenación Finaneira de Actuacions Inmobiliarias e Patrimoniais na súa reunión de 8 de abril de 2013. Este Programaintegra nun único documento as estratexias de mobilización inmobiliaria para os próximos tres anos (exercicios 2013, 2014 e 2015) dos principais centros xestores de patrimonio do sector estatal, y constitúe a base dunha das medidas contempladas no Informe da Comisión para á Reforma das Administracións Públicas (CORA).

Para o BNG destaca que entre as propiedades e parcelas postas à venda e incluidas neste documento, dependentes do Ministerio de Defensa, se citan propiedades que son obxecto do convenio asinado entre o Ministerio de Defensa e o Concello de Ferrol, con data do 18 de setembro do 2007, e que segundo resposta do goberno, por escrito, ao BNG, o pasado mes de marzo, se indicaba que dito convenio se atopaba en “fase de cumprimento”.

Entre as propiedades incluidas neste convenio e que agora se poñen à venda a través deste programa se atopan entre outras o acuartelamento Sánchez Aguilera, o campamento Covas, as parcelas A e B del cuartelillo de San Luis, o cuarteliño de mariñeiría da zona maritima del cantábrico.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, indicou que à esta forma de proceder úneselle que este concello non recibe ningun tipo de compensación económica pola ocupación de máis do 20% de solo urbano do concello por parte do estado o que supón un grave problema estrutural de ingresos que incide de xeito negativo para as arcas locais.

O BNG na súa iniciativa interpela ao goberno central para coñecer por qué se incluiron propiedades que integran o convenio entre o concello e Defensa neste programa e se isto quere dicir que xa non se van ceder estas instalacións ao concello