Defensa e o goberno local actuan en connivencia fronte ao deterioro do patrimonio urbano da cidade

Defensa e o goberno local actuan en connivencia fronte ao deterioro do patrimonio urbano da cidade

Ferrol 8 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego acusou esta mañá ao Goberno Local e ao Ministerio de Defensa de actuar en connivencia fronte a decadencia e abandono do patrimonio urbano da cidade.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, acusou ao goberno local de permanecer indiferente e pasivo, fronte ao deterioro dos inmobles recollidos no convenio asinado entre as dúas administracións, e lembrou à carga onerosa que hoxe representa para o concello de Ferrol a ocupación de terreos que Defensa ten na cidade, xa que ademáis de non terse establecido ningún tipo de compensación ao Concello por esta ocupación, o Concello tampouco acede à transferencia destas propiedades de xeito gratuito.

O Ministerio de Defensa ven de contestar a unha pregunta parlamentar formulada polo BNG, que o “convenio, suscrito o 17 de setembro de 2007, se atopa en fase de cumprimento no relativo à aprobación do Plan Especial de Reforma Interior na zona do acuartelamento Sánchez Aguilera, acción que corresponde ao Concello de Ferrol”.

O BNG advirte que à lista de inmobles abandonados e en estado de ruína estase a engadir agora o sanchez Aguilera, por mor do convenio que tal e como se diseñou e aceptou no seu momento polo Concello e por Defensa esta todavía a día de hoxe sen efectivizarse.

Para o BNG, ante o evidente deterioro dos inmobles que o conforman, algúns deles xa cos tellados afundidos, Defensa permanece indiferente e o Goberno Local ten unha actitude pasiva, tanto respecto do mantemento das edificacións como respecto da aprobación do Plan de Parcelación que poñería fin ao proceso administrativo desenvolto a través do Plan Especial do Sánchez Aguilera, e que mentres non se produza o convenio asinado non ten validez, a pesar de ter feito a propia administración local inversións e gastos no propio recinto, aspecto no que o propio ministerio de Defensa se escuda para non responsabilizarse do mantemento das construcións afectadas, tal e ecomo se recolle na pregunta feita polo BNG.

Esta situación de desídia incalificábel contribue a debuxar un panorama urbano de decadencia e abandono camiño da ruína, no propio centro da cidade e que o BNG considera necesario poñer fin de modo inmediato.

O BNG censura así mesmo as pretensións do Ministerio de Defensa con relación ao Observatorio de Monteventoso que segundo recoñece “atopase en proceso de depuración e se agarda a súa anaxenación polos procedimentos habituais do INVIED”

Defensa e o goberno local actuan en connivencia fronte ao deterioro do patrimonio urbano da cidade