Convocada unha concentración no Bertón para esixir melloras na zona

Convocada unha concentración no Bertón para esixir melloras na zona

Ferrol 26 de setembro de 2013. Veciños e Veciñas do Bertón e o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol convocan para mañá, venres 27 de setembro às 19 horas na rúa Bertón, unha concentración para esixir que esta zona teña un adecuado mantemento de conservación e se proceda á limpeza e desbroce desta zona.

Cómpre lembrar que a falla de mantemento das zonas verdes e dos viais deste polígono é unha das principais queixas veciñais. Así mesmo practicamente todo o mobiliario urbano e demais elementos que se colocaron no seu día (papeleiras, semaforos, sinais...) están inutilizados ademais de que algunhas das parcelas se estan a converter en vertedoiros incontrolados de lixo e a maleza medra sen control causando serios problemas de salubridade aos veciños da zona que teñen que actuar contra pragas de insectos e roedores.

Así mesmo hai que ter en conta as continuas modificacións no convenio para acometer as obras de acceso a este polígono, pactadas entre o Goberno Local e a Xunta, que aínda non comezaron, e que demorarán a finalización dos traballos até o ano 2015, como mínimo, e que é a principal causa do retraso na recepción municipal dos traballos. Causa esta que non debería impedir que existira unha limpeza e mantemento adecuado desta zona que nestes momentos depende da Xunta de galiza e do Concello de Ferrol.

Convocada unha concentración no Bertón para esixir melloras na zona