A COMARCA DE FERROLTERRA CONTA NA CANDIDATURA DO BNG CUN NÚMERO IMPORTANTE DE PERSOAS E REPRESENTANTES DA COMARCA.

candidaturaParador2
candidaturaParador2
A COMARCA DE FERROLTERRA CONTA NA CANDIDATURA DO BNG CUN NÚMERO IMPORTANTE DE PERSOAS E REPRESENTANTES DA COMARCA.

29.10.2019. Esta mañá, o BNG presentou no Parador de Ferrol a súa candidatura comarcal para as eleccións xerais do 10 de Novembro. Mon Fernández (líder sindical) e Silvia Pardo (concelleira das Pontes e activista feminista) encabezan unha candidatura que ten representación da comarca desde o mundo cultural como Laura Tato ou suma persoas independentes como o activista Bruno Lópes coñecido pola súa implicación na fundaçom Artábria e en Semente Trasancos.

Sete persoas da comarca forman parte da candidatura do BNG polo Congreso e o Senado. Hoxe a organización presentou cun almorzo informativo a candidatura e puxeron como exemplo á comarca para salientar a importancia de recuperar “voz propia” da man do BNG. Mon Fernández destacou o traballo das persoas candidatas de Ferrolterra polo BNG “somos todos militantes e activistas de Galiza e iso é o que queremos trasladar ás institucións: a preocupación e tamén o entusiasmo por lograr melloras para o noso país”. Así, a candidata Silvia, concelleira das Pontes salientou a importancia de que se asente tecido industrial de calidade en Ferrolterra e que se muden políticas cara unha igualdade real “que se cumpra o convenio de Istambul na lei contras as violencias machistas como xa recolle a galega elaborada polo BNG. O conflito das Pontes merece un capítulo aparte e moito temos que dicir no congreso: unha transición enerxética xusta. As cousas non suceden por si soas e na política hai que ter capacidade para saber xestionar o seu territorio. O PP e o PSOE non tivo plans para As Pontes e agora pagámola todas

Desde o bloque afirman que están nun bo momento, o número de militantes vai en aumento e cada vez máis xente mira con simpatía á organización nacionalista. Salientan que ata Cantabria, coa metade de votos que o BNG nas anteriores xerais, conseguiu representación e agora parten dun bo momento e con enquisas que afirman que o bloque nacionalista galego contará con representación.

Bruno Lópes, candidato independente que suma.

Nestas elección o Bloque Nacionalista Galego, viu como persoas da cultura como Kiko da Silva ou Bruno Lópes decidiron dar un paso e incorporarse ás listas do BNG. A importancia cualitativa é grande neste caso: o BNG suma e con el a súa representación en Galiza aumenta. Bruno Lópes, activista da Fundaçom Artábria afirmou hoxe nos almorzos que “neste momento histórico, de crise nacional e de auxe do fascismo e o branqueamento da extrema dereita achaba que había que dar pasos firmes e é por iso que apoio a candidatura do BNG. Dicía Castelao `petar na alma do pobo até conquistar un estado de opinión revolucionario´e é por iso que todos os altofalantes que son válidos sempre que se lle dea voz a este país”