O cinismo absoluto do PP de Ferrol sobre os criterios de reparto das axudas onde goberna.

O cinismo absoluto do PP de Ferrol sobre os criterios de reparto das axudas onde goberna.

Ferrol 20 de xaneiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera sorprendente que o Partido Popular esixa explicacións ao BNG polo reparto dunha subvención, da Deputación da Coruña, na que goberna con maioría absoluta o propio Partido Popular, e non pida responsabilidades ao Goberno local de Rey Varela pola nefasta política orzamentaria con respecto dos ingresos que recibe a nosa cidade doutras administracións como o Estado ou a Xunta de Galiza.

Para o BNG as declaracións do PP son dun cinismo absoluto, xa que durante este mandato do PP en Ferrol se pasou do sistema de cesión de tributos do Estado ao sistema de Participación de Ingresos do Estado sen que o goberno municipal nen o PP anunciase a máis minima queixa, sendo a única cidade de Galiza que se rexe por este sistema e que supón perdas de ingresos anuais bastante superiores a 300.000 euros, ou que durante estes case tres anos de mandato non se iniciase ningun proceso para resolver o déficit estrutural de ingresos que padece este concello pola ocupación de mais do 20% do solo urbano por parte da administracion estatal, ou que os ingresos procedentes da Xunta de Galiza para este ano descendan nun 10% respecto do ano 2013, tal e como reflicten os ingresos consignados no orzamento municipal para o ano 2014.

Resulta ademáis evidente a visión xeráquica e centralista do PP respecto dunha realidade xeográfica  como é a galega que con máis de 30.000 núcleos de poboación supoñen a metade dos existentes en todo Estado, e para a que o reparto de subvencións ou os sistemas de financiamento tanto autonómico como local, en base ao criterio do número de habitantes por núcleo supón unha grande eiva, á que os galegos e galegas levamos sometidos durante décadas por parte do Estado e que o PP mantén invariablemente e traslada de modo mimético á nosa realidade sen ter en conta aspectos fundamentais do noso pobo, como a dispersión ou o avellentamento da poboacion que deberían servir de base para a procura dun sistema de financiamento equitativo e adapatado á realidade da nosa sociedade.

Por estas razóns resulta sorprendente a defensa a ultranza do PP dun sistema de reparto de subvencions e dun sistema de financiamento autonómico e municipal tan perxudicial para nós, polo que o BNG suxírelle ao PP que abandone a práctica política da propaganda e a demagoxia, ademáis de advertirlle ao PP que non pretenda ocultar o seu centralismo político tinguido con acenos de localismo superficial, nen a súa pasividade e complicidade respecto dun problema de ingresos que esta a padecer o concello de Ferrol e que nos próximos anos se verá todavía máis agravado derivado das políticas centralistas do PP que en Galiza e en Ferrol aplican sen rubor, no canto de propor unha reforma do sistema de financiamento tanto para os concellos como para os galegos e galegas que nos permita desenvolver un futuro viable para a nosa cidade no canto de agarrarse a un sistema de financiamento obsoleto e gravemente perxudicial que nos condea á miseria.