O BNGesixe ao alcalde que reanude o pleno ordinario

O BNGesixe ao alcalde que reanude o pleno ordinario

 

Ferrol 5 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu esta mañá ao alcalde da cidade, Jose Manuel Rey, que convoque de xeito imediato a reanudación do pleno ordinario do mes de setembro que decidiu suspender.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o goberno municipal ten a obriga de convocar e celebrar a sesión plenaria co fin de abordar os temas incluidos na orde do día, entre eles a problemática dos veciños e veciñas de San Xoán que esixen a urbanización urxente das rúas: Herbosa, Fontemoura e río Xuvia.

O BNG entende que o goberno local esta a privar ao colectivo de veciños  veciñas afectados por esta situación do seu dereito de participar na vida municipal xa que tiñan previsto intervir no pleno para defender a necesidade desta intervención.

Para o BNG resulta preocupante e mesmo antidemocrático que o Goberno Local non fixe unha nova data para a reanudación desta sesión co obxectivo de non ter que posicionarse sobre problemas da cidade que son da súa responsabilidade directa ou que agarde a convocar esta sesións en función de asuntos da súa interese.

O BNG cre que o Goberno Municipal centra a súa actividade no desenvolvemento dunha unha política de carácter superficial que pretende dar unha idea de normalidade nunha cidade con acuciantes problemas nos eidos económicos e sociais e sobre os que se nega a actuar.