O BNG e as veciñas e veciños do Bertón desenvoverán unha limpeza simbólica da zona

Berton_15102018
Berton_15102018

A acción reivindicativa, consistente nunh limpeza simbólica da zona, terá lugar o sábado 20 às 11 horas nas inmediacións do parque canino

O BNG e as veciñas e veciños do Bertón desenvoverán unha limpeza simbólica da zona

 

Ferrol 16 de outubro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo na tarde de onte unha reuinión con veciños e veciñas do Bertón na que se analizou a situación actual e se acordou desenvolver unha limpeza simbólica da zona que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de outubro, às 11 horas nas inmediacións do parque canino.No encontro veciñal celebrado na tarde de onte constatouse que transcurriu o prazo estipulado na moción presentada polo BNG e aprobada, por unanimidade do pleno, o pasado mes de setembro no que se acordaba que se procedera ao desbroce das parcelas de propiedade municipal e o acondicionamento do parque canino sen que se acometeran os traballos acordados.

 

Así mesmo, tras a acción simbólica que desenvolverán este sábado os veciños e veciñas do Bertón, se persiste a situación sen que o goberno municipal actue na zona, decidiron que acudirán novamente ao pleno da corporación de fin de mes, previsto para o 25 de outubro, a expresar o seu malestar e esixir que se actue na zona.

 

O BNG lembra que a situación actual que se está a vivir no Bertón, pola falla de mantemento das zonas verdes e de lecer deriva dunha situiación recurrente e denunciada periodicamente polo BNG como é a situación de abandono das zonas verdes e de lecer do barrio do Bertón.