O BNG responsabiliza ao alcalde da extrema gravidade na que se atopa o parque de bombeiros

O BNG responsabiliza ao alcalde da extrema gravidade na que se atopa o parque de bombeiros

Ferrol  5 de novembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol cualificou esta mañá de extrema gravidade a situación do parque de bombeiros de Ferrol e acusou ao alcalde da cidade de ser o responsábel desta situación pola deixádez amosada para solucionar o problema que afecta á seguridade dos propios efectivos do parque local e pode derivar en fallos na seguridade de todos os veciños e veciñas de Ferrol.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o goberno local non está actuando para resolver esta situación e se limita a asinar convenios que non resolven o problema de fondo, que consisten nunha aportación fixa destinada, unicamente, a cubrir parte dos custes laborais, cando o problema que existe no servizo de extinción de incendios na comarca e neste concello é un problema que non se limita unicamente a cuestión laboral, non existen recursos humanos suficientes para prestar os servizos nas condicións adecuadas pero tampouco existen recursos materiais suficientes para poder facelos. Continúa sen haber un mínimo de mandos, un mínimo de dous mandos operativos as 24 horas, un para cada servizo, e é evidente que a situación na que se atopa o parque comarcal do concello, o suposto parque comarcal do concello de Ferrol, está nunhas condicións absolutamente precarias, como demostra o estado lamentable no que se atopan estas infraestruturas.

O BNG reitera que o futuro do servizo de bombeiros debe pasar pola verdadeira  comarcalización e acusou ao alcalde da cidade, Rey Varela, de  permanecer pasivo durante os últimos meses para  mellorar o servizo de bombeiros, e avogou porque desde o Concello se aposte claramente pola comarcalización do servizo desenvolvendo os convenios asinados e que estes foran cando menos plurianuais, invertir nas instalacións, invertir en infraestructuras e contar co persoal necesario para que se preste un servizo eficaz.2013-11-05 09.44.09

O BNG responsabiliza ao alcalde da extrema gravidade na que se atopa o parque de bombeiros