O BNG presenta unha moción pedindo que o Concello se opoña a redución dos servizos de autobús

O BNG presenta unha moción pedindo que o Concello se opoña a redución dos servizos de autobús

BNG polo Transporte públicoFerrol 28 de xullo de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de presentar unha moción, que se debatirá o vindeiro xoves, na que solicitan o Pleno do Concello de Ferrol exprese a o seu rechazo à proposta de reestruturación da explotación concesional feita pola empresa “Tranvías del Ferrol” e asi mesmo piden que O Concello presenta alegacións rexeitando a esta proposta.

O BNG salienta que o servizo de transporte público na cidade e máis concretamente o servizo de autobuses urbanos, na actualidade, é moi deficiente tanto na zona urbana como na zona rural onde nos atopamos con frecuencias de paso ridículas. Tamén lembra que levamos anos asistindo a unha merma significativa nos servizos que prestan as dúas empresas que teñen a concesión de explotación das liñas que discorren polo noso concello. Así a zona rural, leva anos agardando por un plan de transporte que garanta un servizo público en condicións que cubra as necesidades dos veciños e veciñas destas zonas do noso concello, sen resultado ningún.

É por isto que o BNG na súa moción tamén solicita que o Concello de Ferrol inste ao Goberno Local a por en marcha un servizo de transporte público que preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias, para todo o noso Concello.

A isto hai que engadirlle a proposta de modificación das condicións do servizo formuladas pola empresa “Tranvias del Ferrol”, unha das concesionarias da rede de autobuses do noso concello de reducir drásticamente o número de servizos que prestan as liñas que ten concesionadas.

O BNG indica que esta proposta fíxose co consenso do goberno municipal de Ferrol e recolle as modificacións solicitadas polo mesmo. Entre as que se atopan: a desapareción de tres liñas, a 4, a 7 e a 3. se crean dúas novas (unha circular e a 47) pero se reducen o número de servizos en todas as liñas que se manteñen. Nalgúns casos, principalmente domingos e festivos, deixaran sen servizo de autobuses a zonas como A Graña, A Cabana, Santa Icia, a residencia “Arquitecto Marcide”, A Malata, etc. Así mesmo, non se permite que a ruta 1-B chegue até Ferrol Vello como facía até principios de ano suprimindo a conexión directa deste barrio co CHUF de igual modo que acontece co Barrio de caranza que tamén fica sen conexión directa co Arquitecto Marcide. Tampouco se contempla a prolongación da liña até o hospital Naval.

Así mesmo de levarse adiante esta reducción de servizos, non se especifica, se a mesma vai ter un efecto negativo no cadro de persoal da empresa que signifique a supresión de postos de traballo na mesma.

Para o BNG cómpre resaltar que a última adenda asinada ao convenio que o concello ten asinado coa Axencia Urbana de Barcelona para estudar o desenvolvemento dunha nova Rede de Transporte Público tratábase dun acordo limitado xa que non asumia a necesidade de aumentar as liñas de transporte contrariamente ao que establece o Plan de Mobilidade de Ferrol e ás necesidades evidentes do concello.

Asi mesmo desde o BNG cremos que Ferrol debería demandar da Xunta de Galiza a adecuación do servizo ás necesidades do concello co fin de dar cumprimento ao Plan de Mobilidade. É esta corporación quen debe esixir da Xunta a prestación dun servizo de transporte público axeitado ás necesidades económicas e sociais da cidade ou recuperar a concesión das liñas para poder xestionar este servizo adecuando ás necesidades da cidade, solicitando da Xunta o financiamento para poder desenvolvelo.