O BNG pide que Ferrol se declare libre de circos con animais e non autorice espectáculos taurinos

O BNG pide que Ferrol se declare libre de circos con animais e non autorice espectáculos taurinos

Ferrol 16 de xaneiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou esta mañá as alegacións à ordenanza municipal Ordenanza Municipal sobre a protección e tenza de animais de compañia e de animais potencialmente perigosos nas que solicita que o Concello se declare libre de circos con animais e contrario á celebración de festexos taurinos.e por este motivo non autorizará nen permitirá a celebración deste tipo de espectáculos nos termo municipal.

O BNG solicita na súa proposta que se engada un novo capítulo a esta ordenanza que regule no noso concello os espectáculos con animais e que recolla as seguintes aspectos:

Dos circos con animais

O concello de Ferrol declarase como Concello libre de circos con animais e neste sentido non autorizará, promovera ou amparará a instalación de circos con animais no termo municipal

O concello non permitirá a instalación de publicidade de espectáculos circenses con animais no termo municipal.

Dos espectáculos taurinos

O Concello de Ferrol declarase contrario á celebración de festexos taurinos.

Por este motivo este Concello non autorizará nen participará, de xeito indirecto ou directo na realización, impulso ou promoción de festexos taurinos.

O BNG considera xustificada a súa prohibición tendo en conta que este tipo de espectáculos non teñen nada que ver coa cultura galega hai que ter en conta que en Galiza non existe tradición na celebración de corridas de touros e a súa introdución, responde a un intento de homologación e asimilación cultural vinculada a unha “festa nacional” na que prevalece a crueldade animal.

Tendo en conta que comunidades como as Illas Canarias e Cataluña xa aprobaron as modificacións lexislativas necesarias para eliminar a excepción normativa que posibilitaba a realización de touradas, os/as representantes políticos/as nos concellos tamén temos que demostrar unha postura clara e decidida a prol da abolición dunha actividade, a tauromaquia, baseada na tortura e agonía dun animal como parte dun ocio cruento. Tamén ducias de municipios, incluídos varios concellos galegos, aprobaron iniciativas semellantes apoiando as reivindicacións da cidadanía e reclamando o remate destas actividades violentas.

Así mesmo o 86% das galegas e galegos rexeita a celebración de festexos taurinos e que nestes se empreguen cartos públicos en forma de patrocinio ou subsidio.

En canto aos circos que empregan animais o BNG considera que a cuestión do respecto cara aos animais levou a cidadanía a demandar novas accións en diferentes eidos normativos. O uso de animais en espectáculos é, quizais, un dos aspectos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, nomeadamente os circos, que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a fauna silvestre.

A vida destes animais nos circos caracterízase polo illamento, o castigo, o medo e o cativerio. As exhibicións de animais nos circos ofrecen tamén unha mensaxe educativa negativa. Aínda que os espectáculos circenses non amosen condutas de violencia explícita á vista do público espectador, os actos que os animais teñen que realizar durante toda a súa vida non son habituais nin naturais e, para obrigalos a se comportaren deste xeito, sométenos a métodos de adestramento baseados no castigo físico, a pr0ivación de alimento e ao illamento do resto dos seus conxéneres.

Un importante número de países e vilas de todo o mundo xa vetaron o uso de animais nos circos con base na súa protección e benestar, ao considerar que a súa exhibición e as condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas.

Asi mesmo os circos usan os animais como reclamo do público infantil. Xulgamos que os pequenos e as pequenas deste país, a sociedade do futuro, merecen unha educación baseada en valores que inclúan o respecto cara aos seres vivos e o contorno.

 touradas

O BNG pide que Ferrol se declare libre de circos con animais e non autorice espectáculos taurinos