O BNG pide ao goberno local máis comprensión cos comerciantes e unha maior planificación das obras

O BNG pide ao goberno local máis comprensión cos comerciantes e unha maior planificación das obras

Ferrol 4 de novembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu esta mañá ao goberno local que demostre máis comprensión cos comerciantes da cidade, planifique mellor as obras e as súas consecuencias sobre este sector e por conseguinte atenda as súas propostas de cara a minimizar os danos que as mesmas poidan ocasionar ante a proximidade da campaña de nadal.

O BNG de Ferrol considera que o Goberno Local continua coa súa opacidade habitual e a súa falla de diálogo perante colectivos sociais afectados polas súas decisións. O Goberno Local non recabou a opinión dos comerciantes do mercado central, da rúa da Igrexa nen a dos veciños afectados (Ferrol Vello, barrio da Madalena) sobre o plan de tráfico alternativo para paliar as obras do saneamento na rúa Irmadiños.

A falla de sensibilidade e palnificación do goberno local podese comprobar ao pretender executar o corte de tráfico da rúa Irmandiños (habilitando a rúa da Igrexa de dobre sentido entre a praza de Galicia e a costa de Mella), coa execución de traballos para a canalización do gas na rúa da Igrexa entre a praza de Galicia e a praza do Callao, o que levraá aparellado molestías no tráfico rodado e a supresión dos poucos aparcadoiros en superficie existentes en toda a rúa da igrexa.

O BNG considera que o Goberno Local debería ter en conta as reclamacións presentadas a pasada semana polo comerciantes entre outras que as obras dean inicio en febreiro de 2014, co fin de non entorpecer a campaña de nadal, que se habiliten aparcadoiros en superficie alternativos que palien os que se eliminan, e que durante a execución destes traballos se manteña un carril na rúa Irmandiños, en lugar de dous sentidos na rúa da Igrexa.

Para o BNG estas decisións do goberno local inciden negativamente sobre o comercio local e están a aumentar o grado de precariedade do mesmo en relación coas grandes areas comerciais da cidade, tanto as existentes na actualidade como as que están por abrir ou as que estan planificadas como acontece co macro-proxecto de centro comercial previsto na parcela do Sanchéz Aguilera.