O BNG non participa no acto institucional do Concello de Ferrol polo 10 de marzo.

O BNG non participa no acto institucional do Concello de Ferrol polo 10 de marzo.

Ferrol 8 de marzo de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol chama á cidadanía a secundar a mobilización convocada polo sindicalismo nacionalista con motivo do Día da Clase Obreira Galega e anuncia que non vai participar no acto institucional do concello de Ferrol por considerar contraditorio que o Partido Popular conmemore esta data mentres este goberno municipal permanece cómplice das políticas estatais en benficio do poder económico, e da concentración deste e do poder político no epicentro do estado e en detrimento das maiorías sociais e dos pobos como o galego.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, manifestou a total oposición do BNG as políticas do Partido Popular, que fai retroceder decenios nos dereitos laborais e sociais e lembra que foi este alcalde, Jose Manuel Rey Varela, o que lle pechou às portas do Concello a clase traballadora galega e ao conxunto da sociedade local, o que usou à policía para desaloxar o salón de plenos de traballadores e traballadoras que reclamaban melloras sociais e laborais para esta cidade, igual que no 72 se usou à policia para reprimir as demandas laborais dos traballadores de Bazan, e mesmo que permanece calado fronte a negativa do Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, a recibir aos representantes sindicais e sociais desta comarca para abordar a situación socio-económica de Ferrolterra.

O BNG considera que O Partido Popular desenvolve un modelo económico que alentou e alenta a desertización de territorios como esta cidade e como Galiza, desmantelando todos aqueles sectores produtivos que nos permitirían ter un futuro digno, como o sector naval e que abocan ao noso pais a un incremento continuado do desemprego, e cuxas consecuencias directas son un acusado declive poboacional e unha taxa de paro do 32% nunha cidade na que só traballa 1/3 da poboación. Caldo de cultivo, en definitiva, para a emigración dunha mocidade preparada pero falta de expectativas e para o incremento da pobreza e a exclusión social.

O BNG, non deixará de lembrar esta data xa que comparte os eixos nos que se convocan as mobilizacións por parte do nacionalismo galego: Por un emprego digno na Galiza, polo que participará activamente na mobilización e ofrenda floral convocada pola CIG para comemorar o Día da Clase Obreira Galega.2014 03 10 Cartaz10Marzo.preview