O BNG leva ao Parlamento Galego as ameazas da Xunta aos alumnos da naútico pesqueira

O BNG leva ao Parlamento Galego as ameazas da Xunta aos alumnos da naútico pesqueira

Ferrol 30 de setembro de 2007. O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas, rexistrou diversas iniciativas nas que reclama á Consellaría de Medio Rural e do Mar retirar o Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros. Ademais, se interesou polas ameazas da administración, aos estudantes, de que no caso de non pagar se trasladará esta situación à Facenda

O BNG pregúntalle à Consellaría se considera que se pode tolerar que na reunión mantida coa Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, para analizar o problema xurdido coa aplicación deste decreto, por parte da administración se traslade que a solución a este atropelo sexa coaccionar ao alumnado para pagar sendo ameazados no caso de non facelo con trasladar esta situación a facenda.

O BNG pide, nas iniciativas, explicacións de porque e como se poden modificar as condicións dos servizos prestados de comedor e residencia despois de terse pechado o prazo de matrícula 2013-2014, sen que haxa quen asuma responsabilidades por tomar esta medida.

Como se lembrará a Consellería ven de establecer, con posterioridade ao inicio do curso, unhas tarifas que chegan ata os 1.968,00 euros para o servizo de residencia, e prezos de matrícula en cursos na Aula de Seguridade e Salvamento que van dende 390,00 euros para un de formación básica de seguridade (teórico), ata 450,00 euros polo curso de embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos).

O BNG considera que a Consellería do medio Rural e do Mar lle está a acusar un grave prexuizo aos alumnos que teñan que padecer esta imposición de taxas cando no momento da matriculación realizaron as súas previsións escolares en base a uns servizos que tiñan carácter gratuíto e agora séntense roubados ao obrigalos a pagar polos servizos que antes eran gratuítos.

O BNG denuncia que a Consellaría de Medio Rural e do Mar acaba de acometer outra felonía para rematar co sector do mar. Xa non chega con que a UE non nos deixe pescar, que non exista política pesqueira propia, senón que agora pretende que o maior potencial que temos, a formación, só sexa accesible para quen a poida pagar, e pregunta se son estas as medidas que precisa o país para incentivar a que a mocidade do litoral galego, do noso agro, se forme adecuadamente e poida fixar o futuro na nosa terra.

Esta medida aféctalle especialmente aos alumnos do Instituto Politécnico Marítimo-Pesquero do Atlántico, en Vigo, a Escola Oficial Náutico Pesqueiro de Ferrol, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura en a Illa de Arousa, cuxas condicións de matriculación son modificadas drasticamente sen que fosen informados.