O BNG de Ferrol presentou a súa candidatura de cara aos vindeiros comicios do 26 de maio

O BNG de Ferrol presentou a súa candidatura de cara aos vindeiros comicios do 26 de maio

Ferrol, 10 de maio de 2019. O BNG de Ferrol presentou hoxe a súa canditatura de
cara aos comicios municipais que terán lugar o vindeiro 26 de maio. No acto, que tivo
lugar no auditorio de Afundación ás 20:00 horas, interviron nove das persoas que
compoñen a lista do BNG, como Xoán López Pérez, María Rivera Filgueiras ou Xan
Carlos López.
Tamén tomou a palabra o candidato á alcaldía, Iván Rivas, que incidiu durante o seu
discurso nas declaracións realizadas nos últimos días polo resto de grupos políticos
que loitan pola alcaldía da cidade. O nacionalista fixo refencia, por exemplo, ás verbas
do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo. “A gran preocupación do presidente
da Xunta é que Ferrol lle retirase o título de fillo adoptivo a un ministro franquista, e
nos acusa de revanchismo. Pode ir a explicarlle o que significa revanchismo a todas as
vítimas da ditadura”, afirmou.
Un PP que provocou xunto a FeC a maior desbandada de poboación da cidade nos
últimos anos, 1.000 habitantes ao ano! E agora, despois de negarse a poñer coto á
especulación (xunto ao PSOE e FeC), con propostas coma o aparcadoiro na praza de
Armas para entregarllo a unha transnacional, fala de Ferrol como “ciudad de
compras”. “Porque non lles chegou con denunciar ao BNG polas bandeirolas que
colocan os nosos e nosas militantes (non empresas contratadas por un partido
financiado con caixas B) que decidiron arrincalas eles”, apuntou Rivas.
O nacionalista fixo fincapé ademais nas constantes referencias do candidato socialista,
Ángel Mato, ao consenso. “Pretende combater ao leviatán sen escrúpulos do PP con
consenso. Por que será? (...) Non se entende falar de diálogo cando se pretende
impoñer un convenio como o de Defensa que unicamente ten afán especulativo”,
afirmou Rivas en relación á pretensión de construir 460 vivendas novas e un centro
comercial no Sánchez Aguilera.

O voceiro do BNG de Ferrol afeou ademais a actitude de FeC esixindo a recuperación
do edificio da vella Autoridade Portuaria. “Podía comezar por cobrarlle os impostos e
taxas municipais que pagamos os demais. 0,7 M de euros ao ano que non pagan
porque ninguén llo reclama; ou comezar tamén pola taxa de saneamento que aprobou
co PP para rescatar EMAFESA”, indicou.
Rivas tivo verbas ademais de agradecemento ás persoas que o acompañan na lista coa
que loitará pola alcaldía da cidade. “Estou rodeado de homes e mulleres libres, que
deciden, que toman partido (...) eles son a vosa voz, a voz dos esquecidos”, indicou,
interpelando aos presentes a que decidan que prefiren a partir do próximo 26 de maio.
“Vivir nunha cidade chea de etiquetas. Onde nos din marque vostede a casilla, branco
ou negro, vermello ou azul, dereitas ou esquerdas, un mundo ficticio creado na
procura do escravo; ou vivir nunha cidade de persoas libres. Porque liberdade é dicir
que non me da a gana de aceptar esta situación, porque sei que outra realidade é
posible”, sentenciou.

O BNG de Ferrol presentou a súa candidatura de cara aos vindeiros comicios do 26 de maio