O BNG esixe solucións urxentes para o lugar de Loureiro e O Casquido en Santa Mariña

O BNG esixe solucións urxentes para o lugar de Loureiro e O Casquido en Santa Mariña

Ferrol 6 de novembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol reclama do goberno municipal que proceda a actuar con urxencia na zona de Santa Mariña comprendida no final da rúa Loureiros até a ponte peonil que  pasa por riba das vías do tren e denuncia o absoluto estado desta zona que a fai intransitable para o tráfico peonil e para a circulación rodada.

O estado actúal desta rúa é tremendamente perigoso xa que en moitos tramos o firme comezou a ceder e mesmo existen riscos de desprendientos de terra no talude paralelo à vía do ferrocarril. De feito estanse a producir incidentes con veiculos que circulan pola mesma e que se ven afectados polo ma estado do firme asi como de peóns que alertan da elevada perigosidade que supón para eles circular por esta zona.

O BNG demanda que se proceda a consolidar esta vía mediante a prolongación do muro de contención existente e que remata, a día de hoxe, na rúa loureiro e que chegue até a conclusión da rua Cardosas e que estas obras se acometan de modo inmediato polo que o concello debería solicitar xa ao ministerio de Fomento (por ser zona de servidume das vías do ferrocarril) a execución desta obra de carácter urxente polo risco de corrimentos de terra e desmontes que poñen en perigo o transito pola mesma.

Así mesmo, desde o BNG, solicitan que se xestione a mellora  da seguridade na ponte peonil que cruza as vías e que une Santa Mariña co Ensanche xa debido ao seu estado de deterioro e que incluso faltan pasamáns.2013-11-07 16.38.36

O BNG esixe solucións urxentes para o lugar de Loureiro e O Casquido en Santa Mariña