O BNG esixe ao Ministerio de Defensa solucións ao conflito laboral de Cleanet.

O BNG esixe ao Ministerio de Defensa solucións ao conflito laboral de Cleanet.

Ferrol 29 de outubro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de rexistrar unha iniciativa no Congreso, por medio da Deputada Rosana Pérez, na que se interesa polos incumprimentos das condicións por parte da empresa de limpeza, Cleanet, que ten a concesión de dito servizo, en diversas instalacións do Ministerio de Defensa e así mesmo manifesta a súa solidariedade e apoio ao persoal de Cleanet na folga que manteñen para cobrar os seus salarios

 

O BNG na súa iniciativa pregunta ao Ministerio de Defensa se vixia que se cumpran as condicións estabelecidas na concesión se coñece os feitos descritos que supoñen à vulneración dos dereitos laborais do persoal de Cleanet. Concretamente queren coñecer se é consciente que estes traballadores e traballadoras levan meses sen cobrar e ademais se é consciente que non se está a cumprir o prego de condicións da concesión.

O BNG lembra na súa iniciativa que a empresa Cleanet é a encargada do servizo de limpeza nas instalacións do Ministerio de Defensa de Ferrol onde o seu plantel de traballadores iniciaron unha folga indefinida debido a que a empresa non lles aboa os salarios ou o fai con moitos retrasos.

O BNG indica que esta situación se prolonga desde hai máis dun ano e afecta as 48 persoas que prestan o servizo de limpeza nas instalacións Militares de Ferrol.

Desde o BNG consideramos que o Ministerio de Defensa non pode permanecer alleo a este grave problema laboral, porque ao fin e ao cabo, se trata dunha concesión para instalacións de Defensa. O Ministerio ten a responsabilidade de vixiar porque se cumpra a concesión, que debe levar implícito o cumprimento dos dereitos laborais dos traballadores, asi como o deber de controlar que se cumpra o prego de condicións.

O BNG así mesmo quere coñecer cales son as xestións que vai realizar o Ministerio para velar polo respecto dos dereitos dos traballadores e quere saber se o Ministerio vai a dirixirse à empresa para que se solucione esta situación canto antes.

 10734202_665089676945332_7853056572499246393_n