O BNG ESIXE AO GOBERNO LOCAL E Á XUNTA DE GALIZA QUE FRENEN O DETERIORO DO BERTÓN

O BNG ESIXE AO GOBERNO LOCAL E Á XUNTA DE GALIZA QUE FRENEN O DETERIORO DO BERTÓN

 

Ferrol 5 de setembro 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou esta mañá à Xunta de Galiza e ao Goberno Local de ter desatendidos aos veciños e veciñas que pedecen as consecuencias derivadas do estado de abandono do polígono residencial do Bertón.

O BNG advirte que a falla de mantemento de zonas verdes e dos viais deste polígono é unha das principais queixas veciñais. Así mesmo indican que practicamente todo o mobiliario urbano e demais elementos que se colocaron no seu día (papeleiras, semaforos, sinais...) están inutilizados ademais de que algunhas das parcelas se estan a converter en vertedoiros incontrolados de lixo e a maleza medra sen control causando serios problemas de salubridade aos veciños da zona que teñen que actuar contra pragas de insectos e roedores.

O BNG sitúa nun mesmo plano a responsabilidade da Xunta de Galiza, titular da zona, como ao goberno de Rey Varela pola pasividade amosada diante desta situación e ser incapaz de esixir un mantemento adecuado desta zona.

Para o BNG as continuas modificacións no convenio para acometer as obras de acceso a este polígono, pactadas entre o Goberno Local e a Xunta, que demorarán a finalización dos traballos até o ano 2015 é a principal causas do retraso na recepción municipal dos traballos. Causa esta que non debería impedir que existira unha limpeza e mantemento adecuado desta zona.

O BNG ESIXE AO GOBERNO LOCAL E Á XUNTA DE GALIZA QUE FRENEN O DETERIORO DO BERTÓN