O BNG cualifica de facha ao goberno de Ferrol

Ivan Rivas
Ivan Rivas
O BNG cualifica de facha ao goberno de Ferrol

Ferrol 5 de decembro de 2018. Diante da celebración do acto institucional para comemorar o XL aniversario da Constitución Española promovido polo goberno municipal de Ferrol en Común o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol cualificou ao goberno local de Ferrol como un goberno facha por estar sempre do lado dos que teñen o poder

 

O Goberno de Ferrol situase do lado da igrexa, aos que acaban de regalarlle un museo para a Semana Santa nun dos edificios principais que ten este concello. Ferrol non ten museo da cidade pero a Semana Santa ten un edificio enteiro para ela, ademáis das subvencións que lle entregan permanentemente. EXPONAV, en mans do Ministerio de Defensa, entreganlles subvencións anuais incuestionabeis e os anuncios de expropiar ou recuperar a tumba da familia do Dictador quedaron en nada. A EMAFESA hai que rescatala e beneficiar a concesionaria que presta os servizos e que saca un beneficio economico do noso diñeiro.

 

O Goberno de Ferrol en Común, un ano máis, veñen a avalar a famosa Constitución que sacralizou o pago da débeda aos bancos mentres é a base para criminalizar as ideas politicas por encarcerar a uns señores e a unhas señoras que estan na cadea por  defender unha posición politica, como esta a acontecer a día de hoxe no estado Español.

 

Na nosa cidade o que temos é un goberno de Ferrol en Común que xunto ao PP e ao PSOE desenvolven un acto conmemorativo deste contexto político. Visto esto o único que lles falta é constituir un goberno de concentración xunto ao PP e ao PSOE e se queren poden, tamen, integrar a C´s que non se vai notar moito desde un punto de vista ideolóxico nin desde outra perspectiva.

 

No BNG cremos que é evidente que temos un goberno local que sempre se situa e está do lado de todos os poderes que hai nesta cidade.