O BNG considera a proposta de FeC, para o gasto do superávit, continuista da política económica do PP

Ivan R.
Ivan R.
O BNG considera a proposta de FeC, para o gasto do superávit, continuista da política económica do PP

Ferrol 30 de outubro de 2018. Desde o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol consideramos que a proposta de destino do superavit do ano 2017, presentada por parte deste goberno municipal, non fai máis que consolidar a política de austeridade imposta polo PP desde o ano 2012 coa aprobación da lei de estabilidade e que o PSOE decidiu non alterar desde a súa chegada ao goberno, priorizando o pago aos bancos fronte ás necesidades básicas do concello. Así dos 10 millóns de euros que este goberno acumulou de superávit e que podería ter gastado durante o ano 2017 en investimento e servizos públicos só se vai a destinou a investimento e servizos públicos 1,88 millóns de euros.

 

Estes criterios xerais impostos polo PP son levados ao máximo por parte do goberno de Ferrol en Común que con respecto da súa primeira proposta achegada incrementa o gasto en amortización de débeda en 2 millóns de euros, situando o importe total en perto dos 8 millóns de euros. Reducindo o gasto en investimentos financieramente sostibles neses 2 millóns de euros. É decir, o goberno local decide non cubrir nin o límite xa de por si infimo que a lexislación lle permite destinar a investimentos fiancieramente sostibles.

 

Desde o BNG consideramos que si xa é unha aberración que este concello, coas evidentes carencias que ten de todo tipo, poida incurrir nun superavit de máis de 10 millóns de euros, que por riba do diñeiro disponible para investimentos fiancieramente sostible nese superavit non se cubra nin a metade do permitido pola lei é un abosluto disparate e a demostración evidente de que a política económica de FeC é a mesma que a do PP ao longo do anterior mandato.

 

Para o BNG resulta tamén moi significativo da política desenvolvida polo PP e por FeC as decisións que se adoptaron e se adoptan ao respecto dos préstamos que esta administración local asina. O certo é que este concello co Sr: Rey Varela de Alcalde incrementou a débeda pública durante o ano 2012 cando os tipos de interese estaban o máis alto posibles e este concello co Sr. Suárez amortiza débeda cando os tipos de interese están o máis baixos posibles. É decir, Ferrol contrata e amortiza débeda en función de cando os intereses máis benfician aos bancos tanto nun caso como no outro.

 

Por outra parte pretender misturar o gasto destinado ao superavit e investimentos financieramente sotibles co que se pretende acometer co remanente xeral de tesourería é pretender ocultar as prioridades de gasto deste goberno local.

 

O BNG sinala que nos expedientes achegados incorpóranse 190.000 € para financiar un contrato de patrocinio co Racing de Ferrol, correspondente ás naualidades 2017 e 2018, do mesmo modo que se fixo coa anualidade do ano 2016 e diante da que só o BNG se opuxo a este recoñecemento extraxudicial subxeneris. Esta cantidade implica que sumados aos contratos de patrocinio dos anos 2015 e 2016 a venda das accións municipais nesta sociedade anónima saíulle gratis ao seu adquirinte.

 

Ademais destes 190.000 euros se incorporan 300.000 € para aprobar unha prórroga dun servizo que se podería xestionar de maneira directa por este concello e que ademais ten un límite temporal que é o do mes de xuño do ano 2019 como é o de mantemento de infraestruturas.

 

É dicir o goberno decide, fora do superávit, priorizar o pago de gastos totalmente superfluos como os dun contrato de patrocinio como o do Racing de Ferrol e a privatización dun servizo municipal a desenvolver investimentos públicos co remanente xeral de tesourería.