O BNG considera inasumíbel a participación do Conselleiro de Sanidade nos actos de San Xiao

Iván Rivas
Iván Rivas
A decisión unilateral, do goberno municipal do PSOE, de darlle a palabra neste acto ao Conselleiro de Sanidade, situandoo no mesmo plano que os traballadores e traballadoras da sanidade pública é a todas luces inasumíbel xa que lle outorga un protagonismo que o goberno galego non se ten gañado.
O BNG considera inasumíbel a participación do Conselleiro de Sanidade nos actos de San Xiao

Ferrol 5 de xaneiro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu esta mañá ao alcalde da cidade, Angel Mato, que exclúa dos actos oficiais do patrón da cidade ao Conselleiro de Sanidade xa que a súa presenza desvirtúa a verdadeira homenaxe que o concello de Ferrol acordara realizar nesta data, entregándolles o título de “Ferrolás do ano” aos colectivos de persoal da área sanitaria de Ferrol que estiveron e están na primeira liña de loita contra a pandemia do coronavirus.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, reproba a Angel Mato e ao conxunto do goberno local por colaborar en branquear a xestión da sanidade e da crise sanitaria da covid por parte da Xunta de Galiza. A decisión unilateral, do goberno municipal do PSOE, de darlle a palabra neste acto ao Conselleiro de Sanidade, situandoo no mesmo plano que os traballadores e traballadoras da sanidade pública é a todas luces inasumíbel xa que lle outorga un protagonismo que o goberno galego non se ten gañado.

 

O BNG considera que é preciso lembrar que o SERGAS continua a desenvolver unha política de contratación, desenvolvendo, en moitos casos, contratos por días ou semanas que precariza as condicións laborais dos traballadores e das traballadoras da sanidade pública. Así mesmo cómpre lembrar as deficientes condicións nas que tiveron que desenvolver a súa actividade os diferentes colectivos de persoal da nosa area sanitaria durante os primeiros meses da pandemia.

 

Así mesmo, diante da pandemia a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, algúns centros de saúde e PACs, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais. A decisión que tomou o Sergas foi que a atención se centraran preferentemente na consulta telefónica, isto está ocasionando moitas dificultadas tanto as profesionais para poder prestar a asistencia sanitaria como no acceso da poboación á mesma.

 

Á situación de sobrecarga de traballo que padecían as profesionais da Atención Primaria previa ao coronavirus fóronlle engadindo tarefas de diagnóstico, seguimento, illamento, identificación por coronavirus e funcións de rastrexo. Unha sobrecarga da atención telefónica e da carga burocrática: teléfonos colapsados, o persoal administrativo, as celadorae celadores ao límite, soportando unha presión tremenda.

As consecuencias son desastrosas, escasísimos profesionais, que están ao límite, cun esgotamento físico e mental insoportábel, listas de espera de semanas, incluso para unha consulta telefónica, doentes crónicos descompensados ou persoas facendo cola á intemperie para acceder aos centros.

A resposta á situación de pandemia non pode estar baseada en incrementar as restricións de acceso á asistencia ao sistema público, porque supón un claro risco para a saúde da poboación.

O BNG considera que é preciso desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial con máis persoal, máis información e máis accesibilidade. É preciso dar resposta ás demandas de atención pola COVID 19, mais tamén ao resto das patoloxías.

O BNG considera inasumíbel a participación do Conselleiro de Sanidade nos actos de San Xiao