O BNG censura o "cinismo absoluto" do Alcalde de Ferrol

O BNG censura o "cinismo absoluto" do Alcalde de Ferrol

 

Ferrol 28 de novembro de 2013. Para O BNG é intolerabel que os partidos do goberno do Estado poidan actuar co esta impunidade, actuando ao mesmo tempo de goberno e de oposición, nunha falsificación da relidade e das implicacións que teñen as decisións políticas sobre o sector naval na cidade na que todos os gobernos do Estado asumiron un deseño destinado á súa liquidación.

Iván Rivas, portavoz do BNG de Ferrol, sinalou que o proceso de baleirado das gradas dos estaleiros da ría, non é un problema de competitividade como demostran as contas da propia empresa, senón que é un proceso acumulativo de toma de decisións políticas conscientes que teñen como obxectivo desenvolver unha nova reestructuración no sector naval, ao que o Estado español renunciou desde a súa entrada na UE, da mesma maneira en que o fixo respecto do sector lácteo, pesqueiro ou gandeiro, e que, ao marxe das decisións e responsabilidade da dirección da empresa, responden a un deseño político compartido por todos os gobernos do Estado.

E é por isto que a actitude do Alcalde desta cidade é dun cinismo absoluto ao responsabilizar unicamente á xestión dunha empresa estatal da situación económica da cidade e non cuestionar as directrices políticas das que depende esta empresa, e que ademáis, na actualidade están dictadas por dirixentes do seu propio partido político.

O BNG censura o "cinismo absoluto" do Alcalde de Ferrol