O BNG arroupará aos estudantes da naútico pesqueira nunha nova xornada de protesta

O BNG arroupará aos estudantes da naútico pesqueira nunha nova xornada de protesta

Ferrol 8 de outubro de 2013. O BNG arroupará aos estudantes da Escola Naútico Pesqueira de Ferrol que van desenvolver, mañá mércores 9 de outubro às 10:30 horas, unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol, co obxectivo de esixir a retirada do Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros.

Esta nova medida de protesta acordase logo de que a Xunta decidira continuar coa aplicación deste Decreto e obrigara a pagar aos estudantes o primeiro trimestre, baixo a coacción de acusalos de morosos e dar conta a Facenda desta situación.

A aplicación deste Decreto, mesmo resulta unha tropelía ás expectativas de moitos mozos/as que comezaban o curso cunhas condicións e agora ven modificadas e que os aboca ao pago duns servizos ata agora gratuítos. Ademais con este decreto, a Consellería e Medio Rural e Mar da un paso máis na limitación de aceso do alumnado procedente de clases sociais máis castigadas pola crise impedíndolle a formación, tanto no ámbito náutico-pesqueiro como agro-forestal.

Apoio do BNG

O BNG estará, asi mesmo, nesta concentración arroupando aos estudantes da Naútico pesqueira xa que consideramos que a Consellería do medio Rural e do Mar lle está a acusar un grave prexuizo aos alumnos que teñan que padecer esta imposición de taxas cando no momento da matriculación realizaron as súas previsións escolares en base a uns servizos que tiñan carácter gratuíto e agora séntense roubados ao obrigalos a pagar polos servizos que antes eran gratuítos.

O BNG denuncia que a Consellaría de Medio Rural e do Mar acaba de acometer outra felonía para rematar co sector do mar. Xa non chega con que a UE non nos deixe pescar, que non exista política pesqueira propia, senón que agora pretende que o maior potencial que temos, a formación, só sexa accesible para quen a poida pagar, e pregunta se son estas as medidas que precisa o país para incentivar a que a mocidade do litoral galego, do noso agro, se forme adecuadamente e poida fixar o futuro na nosa terra.

O BNG arroupará aos estudantes da naútico pesqueira nunha nova xornada de protesta