O BNG APOIA ÀS REIVINDICACIÓNS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE SANTA MARIÑA

O BNG APOIA ÀS REIVINDICACIÓNS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE SANTA MARIÑA

 

Ferrol 7 de marzo de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere expresar o seu apoio á mobilización convocada polos veciños e veciñas de Santa mariña, para mañá sábado, co obxectivo de denunciar os continuos problemas que sofren os veciños do lugar do Loureiro e O Casquido polos escorrementos de terra para a vía de FEVE e o deficiente estado das barandillas e escaleiras da pasarela peonil sobre as vías e pedindo melloras para a rúa Cardosas.

O BNG ven reclamando do goberno municipal que proceda a actuar con urxencia na zona de Santa Mariña comprendida no final da rúa Loureiros até a ponte peonil que pasa por riba das vías do tren e denuncia o absoluto estado desta zona que a fai intransitable para o tráfico peonil e para a circulación rodada.

O estado actúal desta rúa é bastante perigoso xa que en moitos tramos o firme comezou a ceder e mesmo existen riscos de desprendementos de terra no talude paralelo á vía do ferrocarril. De feito estanse a producir incidentes con veiculos que circulan pola mesma e que se ven afectados polo ma estado do firme así como de peóns que alertan da elevada perigosidade que supón para eles circular por esta zona.

O BNG demanda que se proceda a consolidar esta vía mediante a prolongación do muro de contención existente e que remata, a día de hoxe, na rúa loureiro e que chegue até a conclusión da rúa Cardosas e que estas obras se acometan de modo inmediato polo que o concello debería solicitar xa ao ministerio de Fomento (por ser zona de servidume das vías do ferrocarril) a execución desta obra de carácter urxente polo risco de corrementos de terra e desmontes que poñen en perigo o transito pola mesma.

Así mesmo, desde o BNG, solicitan que se xestione a mellora da seguridade na ponte peonil que cruza as vías e que une Santa Mariña co Ensanche xa debido ao seu estado de deterioro e que incluso faltan pasamáns.