O BNG acusa a Fomento de carecer de interese no desenvolvemento da liña ferrea Ferrol-A Coruña

O BNG acusa a Fomento de carecer de interese no desenvolvemento da liña ferrea Ferrol-A Coruña

Ferrol 28 de febreiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusa ao Ministerio de Fomento de carecer de interese no desenvolvemento e impulso da rede ferroviaria no tramo Ferrol-A Coruña para a que non se consignan partidas orzamentarias concretas e à que se condena a permanecer nun estado de indefición permanente.

Para o BNG resulta cínica a atitude do Ministerio de Fomento que logo de respostar ao BNG, o 18 de outubro do ano pasado, que descartaba claramente a extensión do Eixo Atlántico ferroviario até Ferrol, recentemente volve a contestar a unha pregunta formulada pola deputada Rosana Pérez que este tramo figura incluido na planificación recollida no Plan de Infraestructuras, Transporte e Vivenda (PITVI 2012-2024) actualmente en Tramitación.

En respota a unha iniciativa do BNG o Ministerio de Fomento informa que esta redactando un estudio para analizar à viabilidade da implantación de servizos ferroviarios de proximidade en galiza, incluindo o tramo A Coruña-Ferrol.

O BNG destaca que é grazas à presión exercida pola nosa formación nas institucións e socialmente que o Ministerio de Fomento, aínda que sexa formalmente, mantén este tramo da rede ferroviaria pero hai que lembrar que os estudos aos que di referirse sempre, para xustificar a súa inacción sobre o mesmo, nunca se rematan nen se concretan. Concluimos, pois, que o tramo Ferrol-A Coruña é o máis estudado do estado español pero lamentábelmente estes estudos nunca se traducen nin na mellora das infraestucturas, nin na mellora e aumento dos servizos que se prestan.

O BNG lembra que é unha constante nos últimos meses a desaparición case total dos servizos entre Ferrol e A Coruña en nome dunha política de reestruturación e liberalización que, na práctica, significa a  desaparición do ferrocarril, quedando en exclusiva a comunicación a través do transporte por estrada.

Non é de recibo que unha área de máis de 500.000 habitantes quede á marxe dun transporte público que cumpre un portante papel social e que podía cumprilo moito máis de térense realizado os investimentos necesarios na infraestrutura, alén de contar con mellor material rodante e o número de frecuencias adecuadas ás necesidades. En lugar de optar polo desenvolvemento económico, impulsando o ferrocarril, o Goberno español ve este momento de crise como unha nova oportunidade para empobrecer máis unhas comarcas dabondo castigada por sucesivas reestruturacións de sectores económicos estratéxicos como o naval.