300 veciños e veciñas do Bertón pídenlle ao Alcalde que explique os traballos na zona

300 veciños e veciñas do Bertón pídenlle ao Alcalde que explique os traballos na zona

 

Ferrol 27 de novembro de 2013. 300 sinaturas dos veciños e veciñas das rúas Bertón, A Parda, Barbeito, entre outras, foron entregadas esta mañá no rexistro municipal para esixir ao alcalde da cidade que se lles explique en que consistirán os traballos de urbanización da zona e pedindo máis atención e limpeza do polígono.

A representación veciñal, acompañados polo portavoz municipal do BNG fixeron entrega das sinaturas que recollen entre outras as seguintes demandas:

- Que o Alcalde e o responsábel municipal destes traballos celebre con nós unha

asemblea Informativa na que se nos informe dos pormenores destas obras.

- Que se garanta que as obras de urbanización da denominada “Y” do Bertón inclúen a urbanizacións completa destas rúas e as súas conexións.

- Que se acometan traballos de limpeza nas zonas xa urbanizadas deste polígono.

Os veciños e veciñas do Bertón levan meses queixandose da falla de mantemento das zonas verdes e dos viais deste polígono. Así mesmo, lembran que practicamente todo o mobiliario urbano están inutilizados ademais de que algunhas das parcelas se estan a converter en vertedoiros incontrolados de lixo e a maleza medra sen control causando serios problemas de salubridade aos veciños da zona que teñen que actuar contra pragas de insectos e roedores.

A isto hai que engadirlle e ter en conta as continuas modificacións no convenio para acometer as obras de acceso a este polígono, pactadas entre o Goberno Local e a Xunta, das que só se iniciaron os traballos previos, o que demorará a finalización dos traballos até o ano 2015.

2013-11-27 12.18.16