O PP péchalle aos veciños e veciñas de Ferrol as portas dos plenos

imaxe dunha sesión plenaria
imaxe dunha sesión plenaria
O PP péchalle aos veciños e veciñas de Ferrol as portas dos plenos

Ferrol 25 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que as novas medidas adoptadas polo alcalde da cidade pretenden limitar a entrada de público aos plenos da corporación e regular a súa asistencia facendo que case o 50% do público asistente sexa convidado polo Partido Popular.

 

Para o BNG, incidir e aplicar estas novas medidas van a restrinxir, aínda máis, a participación social no debate político. Consideramos que é un camiño absolutamente errado e que ten un marcado carácter antidemocrático. Xa que, ao fin é ao cabo, estas novas medidas pretenden reducir a participación da sociedade nos plenos a unicamente dez prazas de acceso libre.

 

O alcalde desta cidade esta a usar a situación social e económica desta cidade para ocultar o debate político e facer da sociedade un trasunto da representación institucional, xusto o contrario do que debería ser e que esconde unha permanente intención de alonxar da política aos veciños e veciñas desta cidade

 

Este Goberno Local esta a afondar nos obxectivos que procura desde o inicio do mandato que pretenden evitar o debate político e ocultarllo a sociedade, primeiro limitando o numero de mocións e despois limitando o aforo ao pleno municipal en base a un suposto informe técnico e por último coartando a liberdade dos veciños e veciñas desta cidade para poder asistir a celebración do acto público como é o pleno municipal impedíndolles na practica a súa presenza ao limitar a 10 prazas de libre acceso ao aforo, considerar aos medios de comunicación como público e condicionar a presenza do resto de asistentes ao pleno a relación cun partido político e en funcion da súa representación institucional, do que vai facer que dos 60 veciños que poidan asistir as sesións plenarias 26 serán convidados do Partido Popular.

 

Para o BNG existen formulas que se poden adoptar como o feito de desenvolver plenos extraordinarios, como o que se negou a convocar neste mes pasado, que poidan desenvolver todas aquelas cuestións que haxa que abordar durante o mes, polo que e consideramos que o camiño adoptado por parte deste goberno local e deste alcalde é totalmente contrario ao que se debería acometer.