Os orzamentos para 2014 confirman o desleixo do estado para coa situación crítica da cidade

Análise dos OXE 2014 para Ferrol
Análise dos OXE 2014 para Ferrol
Os orzamentos para 2014 confirman o desleixo do estado para coa situación crítica da cidade

Ferrol 1 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista galego de Ferrol valorou esta mañá o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2014 que ao noso xuízo confirman o desleixo e a frivolidade co que o goberno do estado actúa respecto dunha situación critica como a que se atopa esta cidade e si o goberno municipal ou o alcalde da cidade é capaz de considerar estes orzamentos como que teñen algun tipo de valor positivo é unha mostra da sua permanente actitude e comportamento colaboracionista co comportamento do Goberno do estado que esta a liquidar os principais sectores produtivos desta cidade.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, destacou que estes orzamentos son unhs orzamentos que xeran e que van a provocar unha situación absolutamente crítica, máis do que xa é, sobre todos os sectores económicos e sociais que existen na cidade. Asi mesmo indicou que nos mesmos está olvidada a comarca e está olvidada a cidade porque esto non da de si, non hai consignación para o sector naval e o unico que pode existir son os investimentos previstos para os interceptores xerais pero que no se poden cualificar como investimentos dos estado xa que o pagamos cos orzamentos municipais.

Comezando polo que sería o SECTOR NAVAL e as previsións que aparecen nestes orzamentos, dicir que estes orzamentos para o ano 2014 confirman o proxecto de liquidación encamiñado a unha nova restructuración deste sector na cidade, como ben sabedes e vedes no que é o desglose orzamentario non existe ningun tipo de consignación orzamentaria para o dique flotante logo de botar máis dun ano creando comisións de seguimento aprobando declaracións institucionais que na plasmación practica e concreta non teñen ningún tipo de consignación orzamentaria.

O propio Ministerio de Defensa fai unha previsión plurianual para a construción da sexta fragata que ten un orzamento de desenvolvemento preto dos 850 millóns de euros que para nós é unha tomadura de pelo pola situación en que se esta a desenvolver a propia dinámica a respeito dos estaleiros encamiñada tal e como dixo o propio presidente de navantia e tal como se reflicte no informe do tribunal de contas encamiñados cara a unha nova restructuración.

Respecto ao que serían as infraestructuras ferroviarias atopamonos con que non existe ningún tipo de previsión destinada a mellorar a conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña excepto 15.000 eu que son absolutamente ridiculos nin de mellora do que son as infraestructuras referidas ao que son os trens de cercanías o que era antes a antiga FEVE

Unicamente se siguen desenvolvendo plans,estudos que aparecen consignados a traves dun estudo de implantación de cercanias que supoñen 52.000 € nos orzamentos do estado como digo non existe ningun tipo de previsión de mellora das infraestruturas ferroviarias na cidade

Respecto do aceso ferroviario ao porto exterior seguimos coa fase de estudos cunha consignación orzamentaria que sobrepasa en pouco o medio millón de euros pero que todavía non ten ningunha concreción respecto de cal é o resultado do concurso que desenvolveu para executar esta infraestructura nen temos coñecemento respecto das demandas que existían na cidade con respecto da necesidade de desenvolver este trazado mediante a alternativa Norte.

Finalmente quedaría o que se refire à cuestión do saneamento e a este respecto dicir en primeiro lugar que a inversión prevista para o desenvolvemento do proxecto vinculado ao convenio asinado entre a empresa ACUAES e o Concello de Ferrol para o desenvolvemento do proxecto dos interceptores xerais da marxe dereita da ría está a sufrir unha redución da inversión prevista para este ano 2013.

existe unha previsión para este 2013 dunha existe unha execución orzamentaria de 3 millóns de euros cando a previsión orzamentaria era 9,5 millons e se alonga e aumenta a inversión prevista para o ano 2015. Se adía a execución dun proxecto, un proxecto que é unha falacia presentalo aqui como unha inversión a realizar na cidade e na comarca como ben sabedes este proxecto se desenvolve mediante un convenio asinado entre o concello de ferrol e o Ministerio fomento a traves de ACUAES onde o 80% se financia con fondos europeos e do 20% restante: un 10% augas de galicia e ou outro 10% a traves dos concellos de Ferrol e de naron polo que dicimos que é unha falacia considerar que os interceptores xerais da ria de Ferrol se consideren un investimento a realizar por parte do goberno do estado

Despois moi chamativo son as inversións que se refiren as inversions do Ministerio de Medio Ambiente respecto as inversións que este Ministerio financia en relación co saneamento hai que lembrar que no ano 2012 había a parte da previsión relativa a depuración e verquido da ría de Ferrol unha inversión relativa ao que era o colector xeral.

Nos OXE do 2013 desapareceu a primeira anualidade, a vinculada a execución do colector xeral, prevista para o ano 2013, e nestes orzamentos, nos previstos para o 2014, xa desaparece esa inversión prevista para o colector xeral que durante os orzamentos do ano 2012 tiña unha inversión prevista de 16,8 millóns de € para o 2013 e de 8,41 millóns para o ano 2014. neste soXE 2014 desaperece calquera tipo de inversión destinada ao colector xeral que até agora estaba circunscrita aos investimentos do Ministerio de Medio Ambiente esto poderiamos considerar que se traladase ao que eran os orzamentos que se vinculan a empresa ACUAES pero o certo é que o convenio que esta asinado entre o Concello de Ferrol e a empresa ACUAES é un convenio pechado que o unico que modifica son as anualidades de inversión que se retrasan na súa execución

Indicar, así mesmo, que a previsión de gasto para este ano 2013 que en principio na Lei de orzamento do Estado do ano 2013 estaba perto dos 30 millóns na previsión de liquidación que aparece reflectida nestes orzamentos para o ano 2014 está nos 16 millóns de €, é dicir non se chega nin ao 60% da execución prevista durante o ano 2013.