O Goberno Local mantén unha actitude frívola e indolente fronte aos problemas da cidade

O Goberno Local mantén unha actitude frívola e indolente fronte aos problemas da cidade

Ferrol 27 de maio de 2013. O Bloque Nacionalista Galego fixo unha valoración do último ano e por extensión dos 2 anos de goberno do Partido Popular no Concello de Ferrol na que destacou a actitude frívola e indolente que mantén o goberno local fronte a grave situación socio-económica que atravesa a nosa cidade.

A análise feita polo noso grupo parte da asunción plena de que estamos, seguramente, ante o momento máis grave a nível tanto social como económico da cidade nas ultimas décadas. Unha cidade que soporta unha taxa de paro do 32% pero na que so traballa un terzo da súa poboación, unha cidade na que se esta producindo unha redución cada vez máis rápida do número de habitantes, estando no momento actual en 72.000 habitantes e na que cerca do 20 % das súas vivendas se atopan valeiras.

Ante esta situación, o goberno municipal permanece absolutamente pasivo, nunha actitude que unicamente se pode cualificar como frívola e indolente e na que actúa basicamente como colaborador e cómplice das directrices que lle marcan desde o ámbito estatal.

Son múltiples os exemplos desta forma de comportarse. Con respecto ao principal sector produtivo da cidade, o sector naval, no que logo de mais de 30 anos desde que o goberno do estado decidiu o seu desmantelamento a cambio de que outros estados da Unión Europea puideran desenvolver este sector produtivo estamos diante da súa fase final, e mediante informacións contraditorías e terxiversacións permanentes, este goberno municipal non toma ningún tipo de decisión a parte de aprobar declaracións institucionais constituir comisións de seguimento pero é incapaz de cuestionar afirmacións como que o dique flotante esta sometido os dictames da comisión de control da unión europea cando a verdade é que isto non é así xa que nin se lle transmitiu esta consulta a UE.

Pero o mais grave é que non se teñan adoptado ningún tipo de decisións nin acción política co fin de adaptar os estaleiros da ría de Ferrol a construción naval civil sexa calquera tipo de ámbito, sexa construción total non se ten adaptado os estaleiros a este tipo de construción nin se ten adoptado ningún tipo de acción para o levantamento desa imposición política que é o veto à construción naval civil aos estaleiros da ría.

Censurou a actitude pasiva que mantén con respecto ao aceso ferroviario ao porto exterior mediante o viaduto que se pretende construir na enseada da Malata, que vai supor a degradación total da enseada e da propia ría de Ferrol producindo un deterioro importante tanto nível medio amenbiental como a nivel económico, xa que esa enseada é a base dun importante banco marisqueiro a pesar do actual estado de degradación no que se atopa e sobre o que a construcción deste viaduto vai incidir aínda máis.

Permanece, tamén, absolutamente pasivo fronte ao desmantelamento das infraestruturas ferroviarias na cidade por parte do ministerio de Fomento quue pode deixar sen servizos ferroviarios a unha area de máis de 500.000 habitantes. permanecendo no illamento total da comarca.

O BNG destacou o aumento de endebedamento que se produciu no concello desde que o PP chegou ao goberno local. Xeraron un aumento do gasto en amortizacion desta debeda e do pago de xuros derivada da mesma e aplicaron unha regra de gasto dunha maneira moitísimo máis estrita que as propias directrices que a administración estatal estaba a definir e que condena o desenvolvemento deste concello para os proximos anos.

Responsabiluzouse as maiorías sociais desta situación na que nos atopamos, aumentaronse as taxas e os prezos publicos nos orzamentos municipais tal como acontece nestes orzamentos para o ano 2013 nos que aumentan este concepto nun 8% que se combina ademais cunha redución do gasto nas inversións que supón respecto do ano 2011, xa gobernado na súa metade por parte deste goberno municipal, nun 50 % respecto do ano 2011.

Reduciuse o gasto destinado a prestación de servizos e todo esto faise sen que se adopte ningún tipo de decisión respecto ao problema que ten este concello debido á falla de ingresos o que esta a impedir que este concello teña un desenvolvemento económico no seu futuro. Esta falla de ingresos ven derivada, en grande medida, polo feito de que máis do 20% do solo urbano do concello continua sen pagar ningún tipo de impostos e que continuemos sen sen ter ningún tipo de compensación pola ocupación de máis do 20% do solo urbano por parte do Ministerio de Defensa.

Este goberno local responsabilizou, desta situación, aos traballadores públicos e isto o fixo mediante a supresión das horas extras e a redución das produtividades que lle estaban a corresponder.

Suprimíronse os padroados e o Imfacofe en base a unha suposta mellora da xestión, algo que se esta a demostrar, mediante as propias liquidacións orzamentarias, que é absolutamente falso.

Temos que ter en conta que o nivel de execución dos orzamentos do ano 2012 non chegan a 40% algo que combinado co feito que de que se consignen inversións moi pequenas esta a contraer dunha maneira brutal o gasto en este concepto algo que podería permitir o desenvolvemento económico do concello e que ademais esta a adpotar determinadas decisións por parte deste goberno local que non ten mais fin que a de delimitar o debate político no propio concello como foi a decisión de limitar a dúas as mocións que se poden presentar aos plenos municipais o feito de que a información que transmiten e que permiten o debate politico se faga de maneira sesgada e de maneira limitada e plo feito que estamos a ver ultimamente que consisten en limitar o aceso dos veciñas e veciños ao propio edificio do concello e a súa participación en todas aquelas decisións que se estan a tomar nun momento que é dos mais graves que se viviron nas ultimas décadas nesta cidade.