O BNG presenta un recurso contra a licitación das obras do acceso ferroviario ao porto exterior

O BNG presenta un recurso contra a licitación das obras do acceso ferroviario ao porto exterior

Acto do BNG na pasarela da MalataFerrol 2 de maio de 2016. O Bloque Nacionalista Galego deu a coñecer, esta mañá, a interposición dun recurso potestativo de reposición contra a decisión do Consello de Administración da Autoridade de Portuaria de licitar as obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol optando pola alternativa sur e censurou que máis aló das recriminacións verbais entre o Partido Popular e o Goberno Municipal desta cidade non existe ningún tipo de decisión que permita visumbrar algún tipo de cambio ou modificación con respecto desta decisión que vai supor a morte da enseada da malata e vai afondar no deterioro medioambiental e económico da ría de Ferrol.

O BNG criticou que o PP despois de desenvolver un procedimento irregular, baseandose en motivacións de carácter, exclusivamente, económico, desde a administración central e cun goberno en funcións licitara as obras do acceso ferroviario ao porto exterior sen ter en conta todas aquelas reivindicacións feitas por organizacións políticas e innumerabeis colectivos desta cidade que reclamaban unha solución diferente á proposta que contemplaba un viaducto que cruza a enseada da Malata. Así mesmo o BNG afirmou que non sabemos o que se ten feito por parte do Goberno Municipal para impedir que esto poida acontecer ou cando menos facer que esto se poida modificar, e criticou que non ten interpuxeran ningún tipo de recurso para evitar que esto aconteza como acabamos de facer por parte do BNG.

O BNG indicou en que tampouco temos coñecimento de que se teña iniciado, por parte do Goberno ocal, ningún tipo de denuncia nin valoración na que teñan en conta as irregularidades do procedimento que desde o BNG temos expresado de maneira repetitiva. Desde o BNG, así mesmo, nos preguntamos como é posíbel que por parte do goberno local se continúe sen facer nada, nen sen tomar ningún tipo de decisión para evitar que a alternativa adoptada pola Autoridade Portuaria sexa a definitiva para levar o acceso ferroviario ao porto exterior atravesando A Malata.

O BNG decidiu desenvolver e apresentar o seu recurso, cando se cumpre un mes de aprobada esta licitación, por varias cuestións. O BNG cre que existe a necesidade de ampliar a información recollida no estudo informativo, tal e como se recollía na Declaración de Impacto ambiental e polo feito de que estas ampliacións de información supoñian de facto un novo estudo e que por tanto debería remitirse a todos aqueles colectivos que se consideraban afectados por esta decisión.

O BNG considera que debe terse en conta que este proxecto se licitou sen terse publicado a Declaración de Impacto ambiental e sen ter resolto as alegacións e por último que ao Concello de Ferrol non se lle informou sobre o proxecto definitivo, como queda evidenciado e se recolle nos informes do enxeñeiro municipal. O Concello non ten informado sobre o proxecto constructivo nin sobre a modificación sustancial que se produce na delimitación de espazos portuarios que se produce no porto de Ferrol produto da elección da aternativa sur.

Para o BNG a elección da alternativa non só supon agravar o deterioro da ría de Ferrol senón que ademais ten afectacións de carácter patrimonial no barrio da Graña, en elementos que debían estar protexidos como o dique da Cabana, vai supoñer impactos que están sin resolver acusticos para o ámbito urbano desta cidade e desde o BNG queremos insistir no feito de que parece que tanto o PP como o actual goberno municipal, que forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, parace que estan cómodos no ámbito, exclusivamente, das recriminacións verbais pero que máis aló destes reproches duns aos outros non se toma ningún tipo de decisión para resolver un dos grandes problemas que ten esta cidade.

O BNG presenta un recurso contra a licitación das obras do acceso ferroviario ao porto exterior