O BNG pide unha ubicación alternativa ao tanque de tormentas do parque "Pablo Iglesias"

foto das protestas do parque Pablo Iglesias
foto das protestas do parque Pablo Iglesias
O BNG pide unha ubicación alternativa ao tanque de tormentas do parque "Pablo Iglesias"

 

Ferrol 21 de xuño de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de presentar unha moción ao pleno de fin de mes na que instan ao goberno local a negociar con ACUANORTE unha ubicación alternativa ao tanque de tormentas previsto no parque Pablo Iglesias, e para que este tipo de infraestruturas se instalen fóra dos parques públicos.

O BNG, na súa iniciativa, lembra que o proxecto de acondicionamento do interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol, promovido pola confederación hidrogáfica do Miño-Sil co obxecto da posta en funcionamento da rede de saneamento integral da ría de Ferrol contempla a construcción dunha serie de tanques de tormenta distribuidos por todo o seu percorrido e que varios deles teñen ocasionado as queixas veciñais pola súa ubicación en zonas verdes e parques públicos, caso do inicialmente previsto para o parque da “Ranita”, en Ferrol vello, ou o previsto para a súa ubicación no parque Pablo Iglesias.

Para o BNG o espazo público debe ser considerado como algo máis que un cálculo aséptico de estándares e cesións, e o uso que se fai del por parte dos veciños e veciñas debe ser un condicionante determinante na súa definición e é por esto que a construción dos tanques de tormentas no debe desenvolverse nas inmediacións e proximidade a vivendas, ao expoñer aos seus veciños e veciñas a gases tóxicos, ruídos, perigos innecesarios e eliminando zonas verdes que se verán sustituídas en parte por edificacións.

Así mesmo desde o BNG consideramos que técnicamente é posíbel buscar outra alternativa de ubicación ao tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias e para que a ubicación destes non sexan os parques púbicos. Así mesmo, estamos convencidos de que depende da vontade política poder facelo como así ten acontecido neste proxecto, co parque da “Ranita.

Asi mesmo desde o BNG se lembra que para o tanque de tormentas que afecataba ao parque da “Ranita” se buscou unha ubicación alternativa pero que non ocorre o mesmo co Tanque de Tometas que se vai ubicar no parque Pablo Iglesias. Este feito vai supor a destrución de máis dun 10% da superficie desta importante zona verde, afectando ao lugar máis utilizado actualmente neste espazo público, a zona de xogos infantís, e a zona máis proxima ás vivendas.Ademáis habería que valorar as consecuencias que tería sobre o arborado existente, e o impacto estético consistente nun edificio de 14 metros de lado e catro metros de altura, ademáis dos ruídos e posíbeis olores que condicionará o uso do futuro parque.