O BNG leva ao parlamento a supresión de profesorado de apoio as minorías étnicas

Ceip San Xoán
Ceip San Xoán
O BNG leva ao parlamento a supresión de profesorado de apoio as minorías étnicas

 

Ferrol 12 de setembro de 2013.O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego na que solicita que non se suprima o profesorado de apoio a minorías étnicas nos ceips de San Xoán, Manuel Masdías, e Recimil xa que esta medida supón novos nos recortes e vai afectar a calidade do ensino público.

O BNG lembra na súa iniciativa que na nosa comarca existia desde hai moitos anos profesorado para apoiar ó alumnado de minorías étnicas, dos 11 centros públicos de Ferrol case houbo anos en que máis do 50% tiñan profesorado destas características (6 centros) aos poucos e co paso dos anos o número de centros que contaban con este tipo de profesorado reduciuse non así o número de alumnado destas características, parello a esta redución viña o cambio de denominación das prazas ata chegármonos á situación actual na que no curso 2012-2013 tres dos centros que mantiñan este perfil de profesorado pasaron a ter un perfil de pedagoxía terapéutica, e a ser nalgúns casos profesorado itinerante e compartido entre varios centros.

No actual curso 2013-2014 (dentro dunha redución de prazas de profesorado, aumento das rateos ate extremos insospeitados incluso por riba das marxes lexisladas), estas prazas de apoio a etnias foron eliminadas na súa totalidade sen unha xustificación adecuada por parte da administración como demostra o feito de ter acordado coa Xunta de Persoal dotar aos tres centros con 2 prazas, a compartir, de profesorado de pedagoxía terapéutica para atender estas necesidades, que de non ser así quedarían completamente descubertas.

É por este motivo que desde o BNG esiximos á Xunta de Galiza que se comprometa a que o profesorado comprometido coa Xunta de Persoal se incorpore aos centros desde o primeiro día do inicio do curso escolar.

O BNG considera que este tipo de decisións afectan moi negativamente a calidade do ensino e perxudica á educación do alumnado afectado, nunha zona onde a crise está a afectar de forma contundente e que precisa de todo o apoio posible, unha decisión que pode facer caer na exclusión e no abandono das aulas do alumnado en cuestión.