Aprobado o primeiro tramo da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Ferrol

Aprobado o primeiro tramo da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Ferrol

Ferrol, 28 de novembro de 2014.- A Asemblea Aberta celebrada na tarde de hoxe aprobou a proposta do primeiro tramo de candidatura co que o BNG-Asembleas Abertas concorrerá ás eleccións municipais de maio, co apoio do 95,4% dos votos, unha proposta pendente de ser ratificada polo Consello Nacional do BNG, que terá lugar o 29 de novembro.

A proposta dos cinco primeiros candidatos e candidatas nacionalistas caracterízase pola pluralidade dun conxunto de persoas que cren no futuro deste país e desta cidade por si mesma e son conscientes que ninguén de fora vai vir a resolver os nosos problemas, asumindo o compromiso activo por mudar a situación e enfrontar o noso futuro desde a nosa realidade.

A candidatura presentada é un reflexo da diversidade de persoas que estan a participar nas asembleas abertas e que seguirán a dar continunuidade ao longo destes mese tendo como obxectivo o recoñecimento da existencia e dos dereitos do noso país e dunha cidade que non pode soportar mais o sometemento e as decisións que proveñen da centralidade política e económica do estado.

A proposta da Asemblea Aberta que se remitirá ao Consello Nacional do Bloque é a seguinte:

1.- A. Iván Rivas Rico. Arquitecto. Portavoz municipal do BNG. 38 anos

2.- Eva Espiñeira González. Profesora de lingua galega. Vencellada as reivindicacións do profesorado dos CELGA. Forma parte da Asemblea Aberta. 37 anos

3.- Xulio Rodríguez Díaz. Terapeuta Deportivo. Membro do Consello Local do BNG en Ferrol. 56 anos

4.- María Pilar Pazos Casal. Mestra. Colabora desde o ano 97 en acción de voluntariado en asociacións de lupus. Forma parte da Asemblea Aberta. 53 anos

5.- Bárbara Lamas Rei. Estudante de Belas Artes. Militante de Galiza Nova, 21 anos

Así mesmo a asemblea aberta decidiu impulsar a realización de varios actos nas vindeiras semanas: en concreto un acto, o vindeiro dia 5, para dar conta da postura do BNG contra a constitución española; un acto para esixir a entrega das vivendas baleiras do Bertón.

Así mesmo manifestouse o apoio unánime à cadea Humana Amarra o teu Futuro convocada pola CIG para o vindeiro 13 de decembro. 

Aprobado o primeiro tramo da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Ferrol